miércoles, 20 de noviembre de 2013

TIPOS DE MÚSICA EMPLEADOS NA PUBLICIDADE

Como sabedes, a música, xunto coa imaxe é un dos recursos máis empregados na publicidade. A música transmite emocións, sensacións, sentimentos... é por iso que ten un papel fundamental dentro da publicidade.

As campañas publicitarias combinan unha serie de elementos: imaxe, son, guión, mensaxe... e a música ocupa un papel tan destacado que a ausencia de son no anuncio en cuestión é a miúdo empregado como reclamo.

A música que se emprega nos spots publicitarios é moi variada, así que vos deixo un Wix fantástico que nos explica de forma moi clariña os tipos de música empregados na publicide, e ademáis ten exemplos que nos axudan a entendelos!!!


Pincha aquí para ver os diferentes tipos de música empregados na publicidade



 

martes, 8 de octubre de 2013

HIMNO Á ALEGRÍA

Este curso, en 6º, imos comezar tocando o Himno á alegría da 9º sinfonía de BEETHOVEN.

A sinfonía é una obra instrumental. Na época de Beethoven compúñase para una orquestra e tiña tres ou catro partes (tempos ou movementos).

Este tema pertence ó 4º movemento da sinfonía nº 9, chamada tamén "Coral", xa que Beethoven foi o primeiro compositor en incluír voces nunha sinfonía.

Cando a estreou xa estaba xordo. A estrea foi un éxito total. Hoxe en día é himno internacional.

Vos deixo tamén un enlace dun fragmento da película "Beethoven", dirixida por Brian de Levante e protagonizada por Charles Grodin, onde o compositor, xa xordo, sae dirixindo esta sinfonía. Sobre o minuto 5 tedes o Himno á alegría.

Video Beethoven

miércoles, 20 de marzo de 2013

IRENE E O SEU CLARINETE

Temos outra clarinetista no cole!
Irene trouxo o seu clarinete á clase de música e nos deleitou coa súa música. ¡Gracias Irene!

martes, 5 de marzo de 2013

lunes, 4 de marzo de 2013

jueves, 14 de febrero de 2013

DAVID E O SEU CLARINETE

David trouxo o seu clarinete. Cánto nos gustou e cánto aprendimos!
Aquí tedes unha pequena mostra.

jueves, 31 de enero de 2013

miércoles, 30 de enero de 2013

A LA CLAIRE FON TAINE

Con esta preciosa canción aprenderemos unha nota nova: o re agudo (re´). Na frauta tócase da seguinte maneira:
Podedes practicar no seguinte enlace:

http://soniaarea.wix.com/clairefontaine

lunes, 28 de enero de 2013

ANXO E A SÚA GUITARRA

O noso compañeiro Anxo é un gran guitarrista.

Trouxo a guitarra á clase de música e tocounos unhas pezas fermosísimas!!!

Tamén nos explicou que a guitarra é un instrumento de corda, e contestou amablemente a todas as nosas preguntas.

¡GRACIAS ANXO!


domingo, 13 de enero de 2013

VALSE BLEUE

No segundo trimestre iremos introducindo novas notas coa frauta dulce.

Nesta canción tocaremos por primeira vez o do agudo (do´).

DO* en flauta dulce


Vos deixo o enlace coa partitura e o playback. A ensaiar!!!!

http://soniaarea.wix.com/valse-bleue