viernes, 16 de noviembre de 2012




"NA PUNTA DO PÉ" é o título do primeiro traballo musical de Pesdelán. Un libro-cd-dvd que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo. Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo pretende que o público -cativos e maiores- se poña a bailar. A obra, editada en Galicia e mais en Portugal (“Pezinhos de lã”) por KALANDRAKA, conta con ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos artistas plásticos máis relevantes do actual panorama artístico portugués.

NA CLASE DE MÚSICA XA TEMOS BAILADO MOITAS!!!!!! As útimas O gharutiño e A carrasquiña, que as preparamos para o magosto.

BAILANDO CON ROSIÑA





No quinto nivel traballamos a audición "Bailando con Rosiña", pertencente ó primeiro disco de Carlos Núñez, titulado "A irmandade das estrelas". No seguinte enlace atoparedes o audio do tema. Despois de escoitalo, vos reto a que contestedes estas preguntas:

1- ¿Qué instrumento é protagonista na parte "D" ?
2- ¿Teñen o mesmo tamaño todas as partes?. ¿Hai algunha que dure máis?
3- ¿Qué instrumentos podes distinguir?
4- ¿En qué tipo de música podemos encuadrar esta canción?
5- ¿Serías capaz de dicir qué estructura ten?