martes, 30 de octubre de 2012

LES CLOCHES

Como seguro que estades desexosos de tocar a frauta, aquí queda un enlace para que practiquedes a canción LES CLOCHES. O seu nome significa "As campás".

¿A quén non lle gusta o son das campás?....



                                                http://soniaarea.wix.com/las-campanas

FAIS DODO

Seguimos coa frauta. Vos deixo a partitura da canción FAIS DODO. O seu significado é "dúrmete". Como xa adiviñaríades é unha nana.

¡Ensaiade moito!


No seguinte enlace tedes un video co audio, seguro que vos axuda...

                                        http://www.youtube.com/watch?v=bFKL926QScE

SOUVENIR DE VALSE

Para os nenos e nenas do terceiro ciclo que queiran repasar as cancións de frauta... esta vez vos deixo a partitura e un enlace co audio.

Fixádevos no ritmo desta canción, a diferencia da anterior está nun compás ternario.

 

                                          http://www.youtube.com/watch?v=Nt15JEuZ5mo


RONDÍN PICOTÍN

No seguinte enlace tedes a canción RONDÍN PICOTÍN, que xa tocamos na clase de música no terceiro ciclo. De este xeito poderedes repasala na casa. Xa non tedes excusa!!

http://www.youtube.com/watch?v=BDj80Y_C1q4

lunes, 29 de octubre de 2012

FÓSILES

No cuarto nivel traballamos esta audición, que pertence á suite "O CARNAVAL DOS ANIMAIS" do compositor SAINT SAËNS.

Seguimos o musicograma e decubrimos que... sobra un debuxo!! A ver si descubrides cal é...


No seguinte video atoparedes a música, na que poderedes apreciar que o instrumento protagonista é o XILÓFONO:

http://www.youtube.com/watch?v=vGI-hYVslPU

NA MANSIÓN DO REI DAS MONTAÑAS

No terceiro nivel traballamos esta audición, que pertence á suite "PEER GYNT" do compositor noruego EDWARD GRIEG.

http://www.youtube.com/watch?v=ZHyRWkWLyWI

Acompañamos a música dun coro rítmico, que fumos dicindo CRESCENDO e ACCELERANDO.



SAÚDO



Ola! Decidín crear este blog para facilitar ós meus alumnos e alumnas ó acceso os materiais traballados na aula. Aproveitarei ademáis para colgar curiosidades musicais, músicas para disfrutar...
Así que espero que éste sexa o primeiro paso doutros moitos...